Tema 2. A saúde é importante.
Temos boa saúde cando o noso corpo funciona correctamente e nos sentimos ben tanto física coma emocionalmente. Cando non nos sentimos ben, acudimos ao centro de saúde. Alí, o pediatra , que é o médico dos nenos e das nenas, revísanos e recéitanos os medicamentos necesarios para que nos sintamos mellor. Para evitar algunhas enfermidades moi comúns, debemos poñer vacinas que son un tipo de medicamentos que axuda a previr enfermidades. Para previr enfermidades poñemos vacinas e para curar enfermidades tomamos medicamentos. PROFESIONAIS DA SAÚDE. A enfermeira ou enfermeiro realiza as curas e administra as vacinas. O médico ou médica pescuda que enfermidade temos e decide como curala. O psicólogo ou psicóloga axúdanos cando temos problemas emocionais. HÁBITOS SAUDABLES. Para coidar a nosa saúde, é importante manter uns hábitos saudables. HIXIENE . Lavar as mans antes de comer, ducharnos con frecuencia e cepillar os dentes despois de cada comida. EXERCICIO. Practicar algún deporte ...