O ALFABETO GALEGO
O ALFABETO GALEGO
O alfabeto ou abecedario é o conxunto de letras con que se representan os sons dunha lingua.
O nome alfabeto creouse ao xuntar alfa + beta, os nomes das dúas primeiras letras do grego. Abecedario é o resultado de unir as catro primeiras letras do latín.
Ao contrario do que acontece no español, o nome das letras é de xénero masculino en galego: o a, o be, o pe etc.
O noso alfabeto consta de 23 letras ou grafías (5 vogais e 18 consoantes)
Os dígrafos
Alén destas 23 letras, temos tamén 6 dígrafos. Un dígrafo é unha combinación de dúas letras que se usan para representar na escrita, un único son. Os dígrafos do galego son:
Os dígrafos non se poden separar ao final da liña. Exemplo: ningu-nha, fo-gueira, arre-friado.
Comentarios
Publicar un comentario