Tema 2. A saúde é importante.


Temos boa saúde cando o noso corpo funciona correctamente e nos sentimos ben tanto física coma emocionalmente.

Cando non nos sentimos ben, acudimos ao centro de saúde. Alí, o pediatra, que é o médico dos nenos e das nenas, revísanos e recéitanos os medicamentos necesarios para que nos sintamos mellor.

Para evitar algunhas enfermidades moi comúns, debemos poñer vacinas que son un tipo de medicamentos que axuda a previr enfermidades.

Para previr enfermidades poñemos vacinas e para curar enfermidades tomamos medicamentos.


PROFESIONAIS DA SAÚDE.

A enfermeira ou enfermeiro realiza as curas e administra as vacinas.

O médico ou médica pescuda que enfermidade temos e decide como curala.

O psicólogo ou psicóloga axúdanos cando temos problemas emocionais.


HÁBITOS SAUDABLES.

Para coidar a nosa saúde, é importante manter uns hábitos saudables.

  • HIXIENE. Lavar as mans antes de comer, ducharnos con frecuencia e cepillar os dentes despois de cada comida.
  • EXERCICIO. Practicar algún deporte fortalece os nosos músculos e ósos.
  • DESCANSO. Durmir dez horas diarias.
  • POSTURA. Sentar co lombo recto.
  • ALIMENTACIÓN. Comer alimentos de todos os tipos e beber suficiente auga a diario.

PREVIMOS ACCIDENTES.

Os accidentes supoñen un risco importante para a nosa saúde.

Previmos accidentes na casa:
  • Recolle os xoguetes e as cousas do chan para evitar que alguén tropece.
  • Non toques os enchufes.
  • Ten coidado cando te duches para evitar caídas perigosas.
Previmos accidentes fóra da casa:
  • Camiña sempre pola beirarrúa e cruza a rúa por un paso de peóns.
  • Pon o cinto de seguridade no coche e usa casco cando vaias en bicicleta.
  • Non corras nin xogues nunha escaleira nin en lugares elevados de onde poidas caer.

ALIMENTÁMONOS BEN

Para ter boa saúde debemos alimentarnos ben.

  • Cómpre realizar cinco comidas ao día.
  • Hai que tomar un almorzo completo.
  • É conveniente comer alimentos frescos.

Ademais, é importante tomar alimentos variados, de todos os grupos e na cantidade adecuada, e beber suficiente auga.

OS GRUPOS DE ALIMENTOS.

  • Alimentos que achegan vitaminas e fibra para que o noso corpo funcione: plátano, espinacas, mazá, cenoria, leituga, laranxas, ...
  • Alimentos que nos achegan enerxía: pan, pasta, arroz, aceite, patacas, cereais, ...
  • Alimentos que nos axudan a medrar: ovos, leite, carne (polo, tenreira, cocho), peixe,....

Estes son todos os contidos que entran na proba de Ciencias. 


SABER MÁIS

Vídeo de dieta saudable

En clase tamén aprendemos a Manobra de Heimlich como contido imprescindible para salvar vidas. Isto non entra na proba pero é algo que todos deberiamos saber facer.

Vídeo de Manobra de Heimlich

Vídeo de Manobra de Heimlich en adulto, neno, bebé e en ti mesmo


Comentarios

Entradas más populares de este blog

Actividades de repaso

Hoy tocar leer y comprender.

CRUCIGRAMAS